O medio rural como territorio, como hábitat, como lugar e como espazo produtor de coñecemento ten sufrindo un proceso de colonización por parte dos centros urbanos. Contribuír a un proceso decolonial é falar, conversar do estar a ser nun mundo contemporáneo non urbano, é atender a esas outras ópticas subalternizadas, entender esas outra forma de vivir e sentir a realidade. Trátase de facilitar espazos de enunciación desoutros mundos que se xeran desde os territorios non urbanos e a súa relación con estes.
É urxente entender o medio rural non só como un mero espazo produtor de alimentos e outras materias primas, senón tamén como un contexto produtor de subxectividades onde se deron e danse poéticas de (re)existencia outras. E na procura desoutras alternativas á modernidade as posicións situadas no medio rural dannos claves importantes. Con Ruraldecolonizado, tratamos de ver como determinadas formas de estar no medio rural e de vivilo, determinados saberes ou formas de relación coa natureza foron marxinadas en favor dunha suposta modernidade.
A través desta investigación experimental buscamos abrir espazos de debate e facilitar un diálogo de saberes. Cuestionamos como fomos (e niso somos todxs complices) afastándonos do rural. Este proceso provocou unha subalternización de saberes e de formas do ser e estar no mundo. É urxente tecer outros mecanismos que revertan estes procesos e que axuden a deformar estas relacións de subalternidad.
Queremos facilitar esa enunciación deses contrahexemónicos procesos que nos dan claves de como é posible reconstruír/reverter a pretensión universalizadora da globalización europeo-norteamericana. Quizá este proceso veña cando sexamos capaces de vindicar a potencia da diversidade de coñecementos e de formas do estar a ser no mundo.
Función: Co-Dirección artística (junto a Andrea Olmedo)
Dispositivos: Conversacións camiñadas e Xornadas Camiñadas
Orzamento: 12800€
Temporalidade: 2016 – 2017
Co apoio de: Laboratorio 987 do MUSAC e o CGAC
Coa colaboración de: Iván (Genzo P), Laura del Amo, Gonçalo Mota, veciños e veciñas de Travanca, Moimenta, Castromil, Sobarriba, Sierra Pambley, Centro Social Matadoiro Compostela, Centro de interpretación Ambiental de Compostela, Ateneo Varillas
Imagen de: Ruraldecolonizado. A imaxe corresponde a unha das Conversas Camiñadas, dispositivo xerado ex profeso na investigación como forma de interacción dialóxica
Vídeo resumen: https://www.youtube.com/watch?v=3CIUZz0ppZ0
Máis vídeos producidos no marco da investigación: https://www.youtube.com/channel/UCAI1HND75jIPvrUqOa9XrdQ