O Gabinete de Imaxinación Política foi un espazo híbrido no que, a través da combinación de arte e das tecnoloxías sociais, colectivos, entidades, cooperativas e grupos informais se dotaban de recursos para acadar maiores cotas de autonomía, capacidade creativa e resiliencia. A través do Gabinete de Imaxinación Política preguntámonos como a imaxinación pode axudarnos a soñar outros micro mundos onde revertir as desigualdades contemporáneas e como, a través da ensoñación, os colectivos ou grupos informais poden gañar autonomía. Nun momento no que, cada vez máis, os lazos sociais están rotos ou mercantilizados, cómpre tecer e reforzar procesos de cooperación social.
O Gabinete formalizouse a través dunha comunidade de aprendizaxe, coas que co-facer un proceso co que procuramos ver como os colectivos ou grupos sociais poden gañar en autonomía nos seus procesos colectivos. Tiveron lugar as Conversas para Imaxinar con Mafe Moscoso e Jaron Rowan e activouse unha comunidade traballo con empregadas do fogar coa colaboración da ONG Ecos do Sur e Territorio Domestico, coas que impulsamos a Pasarela Precaria. Ademais editouse o Manual para o Traballo en Colectivo. imaxinar para transformar que da conta do proceso, asi como ofrece exemplos de prácticas e ferramentas que poidan servir de inspiración para outras comunidades de afectados/as.
Función: Dirección e mediación. En colaboración con: Cooperativa Rexenerando e Antía Perez e Belén Fernández (ESOMI, UDC)
Dispositivos: Investigación – Acción, facilitación, xornadas
Orzamento: 10000€
Temporalidade: 2017
Co apoio de: Convocatoria para a realización de proxectos de innovación social dentro do programa Laboratorio de Innovación Cidadá 2017 (COLAB) da Concellaría de Participación e Innovación Democrática do Concello de A Coruña
Coa colaboración de: Territorio Doméstico, ONG Ecos do Sur e veciñanza de A Coruña
Imaxe de: COLAB. Acción performativa dirixida por Territorio Doméstico para denunciar as condicións laborais das empregadas do fogar
Vídeo resumen: https://vimeo.com/256411379
Obra derivada:MANUAL PARA O TRABALLO EN COLECTIVO. IMAXINAR PARA TRASFORMAR, edición propia