Investigador transdisciplinar. Entre as súas liñas de traballo están os cruzamentos entre o activismo, a arte, a participación social e os comúns. É licenciado en Ciencias Políticas pola Universidade de Santiago de Compostela, con estudos nas universidades de Cork, Minho, A Coruña ou Granada e Máster en Tecnoloxías da Información. Co-dirixiu investigacións como Ruraldecolonizado (MUSAC & CGAC), o Gabinete de Imaxinación Política, Fiestas Raras (Imagina Madrid), ou o #salóndoMARCO, entre outros. Actualmente é mediador no proxecto Concomitents co proxecto Legado Coidado.
É coautor e coeditor das obras Através das marxes (Bartleboth, 2018), Revoltando á terra (Bolanda, 2018), La fiesta, lo raro y espacio público (Bartleboth, 2019), Pensar y Hacer en el medio rural (Ministerio de Cultura y Deporte, 2020) e impartiu charlas en centros como o MUSAC, a Universidade de Pensilvania, o MediaLab Prado, o Ministerio de Cultura, a Universidade de Vigo ou a Fundación Cerezales, entre outros espazos. Tamén é profesor nos Máster de Xestión Cultural da Universidad Carlos III e no Curso de Experto Universitario en Xestión Cultural da USC.
Entre os seus ámbitos de estudo están os comúns, en tanto son as comunidades as que, a través da gobernanza, a súa autonomía, xestionan bens/recursos, o que permite unha mellor resiliencia. A través dos proxectos busca crear espazos para a socialización. lugares de encontro, xa que é a partir de aí onde se poden construír esas interdependencias tan necesarias para garantir autonomía.
É técnico de I + D da rede ReVOLTA de grupos de investigación en agroecoloxía da Universidade de Santiago de Compostela e actualmente colabora no Laboratorio Ecosocial do Barbanza, un espazo pioneiro para a investigación e a acción que busca pensar que manexos históricos se poden replicar no futuro desde unha perspectiva ecosocial.
Entre os premios obtivos, cómpre destacar o Ars Prix Electronica 2014 (Linz, Austria), cunha mención de honra en Digital Communities, co proxecto Montenoso.
Tamén ten alter egos, como a Cabezuda Travestida Divine ou a Reina do Antropoceno.
Contacto: fran.g.quiroga[arroba]gmail.com