Grupo de Estudos Galiza e o Decolonialismo

Dirección
2022
Grupo de Estudios
10000€
Fundación Luis Seoane

Galiza e o Decolonialismo foi un Grupo de Estudos impulsado pola Fundación Luis Seoane (A Coruña) conceibo como un espazo de investigación experimental co que abordar a relación entre o decolonialismo e Galicia. A aposta por crear este Grupo de Estudos veu determinado pola necesidade de pensar como o decolonialismo, a súa teoría e praxe, atravesan Galicia, o xeito que temos de entendela.

O enfoque foi diacrónico, preguntámonos que supuxeron as migracións no pasado, mais tamén foi un convite a pensar o futuro. O Grupo de Estudos concebiuse como un espazo para unha reflexión lenta, sobre un debate aínda pendente: que é ser periferia á vez que centro? e que é ser colonia á vez que colonizado?. O Grupo de Estudos durou de febreiro a xullo do 2022 e abordou cuestións como a encrucillada decolonal en Galicia, ou canto de pasado colonial ten Galicia ou como pode un territorio europeo relacionarse na actualidade cos movementos emancipadores do Sur.

Contamos coa participación de investigadores como o teórico e profesor da Universidade de Berkeley Ramón Grosfoguel, a activista e antropóloga da BAU Mafe Moscoso, a perfomer Artemisa Semedo, a profesora da universidade de Bangor Helena Miguelez Carballeira, a ensaista e activista Brigite Vasallo, a artista Lucia Egaña, a música e investigadora Mercedes Peón, a profesora da Universidade da Coruña Antía Perez Caramés ou o profesor da Universidade de Santiago de Compostela Xose Manuel Nuñez Seixas. 

Deste Grupo de estduos emerxeu o libro Galiza e o decolonialismo, editada pola Fundación Luis Seoane e que pretende pensar como o decolonialismo atravesa os xeitos de entender ou ler Galiza, pensando na nosa posicionalidade, e coa que analizar canto de válida é ou non a idea de pobo oprimido, sendo conscientes de que habitamos no Norte de Europa, con todos os privilexios que iso implica.

A obra conta coas contribucións dos profesores da Universidade de Berkeley Ramón Grosfoguel, da USC Xosé M. Núñez Seixas, Emilio Carral e Cristina Botana e da UDC Antía Pérez Caramés e Keina Espiñeira; así como dos investigadores e activistas Brigitte Vasallo, Pablo Pesado, Mafe Moscoso, Leticia Couto, Serxia Laxe, María Novas e Fernando Pérez, a curadora Agar Ledo e as artistas Mercedes Peón, Lucía Egaña e Artemisa Semedo; a obra conta tamén co deseño de Desescribir, e foi editada por Fran Quiroga.