Traballo na intersección entre a arte e a participación social. Interésame a arte non só como obxecto senón como proceso: como unha comunidade pode facer unha pregunta colectiva e convertela en coñecemento situado. As miñas investigacións parten sempre dun territorio concreto —un monte veciñal, unha festa popular, un barrio— e tratan de entender que formas de vida e de xestión común están aí, moitas veces invisibilizadas.
