Investigación +
Menu
menu

O CulturaLab do Máster de Servizos Culturais da USC é un espazo experimental do propio máster que ten como obxectivos favorecer a aprendizaxe activa, mediante unha metodoloxía de learning by doing, asi como (re)pensar novas estratexias de transferencia de coñecemento, impulsando un ecosistema de aprendizaxe continua. A través deste proxecto o que se procura é facilitar un espazo dentro do Máster que impulse novos soportes formativos alleos aos tradicionais profesor-alumno no que se cree un espazo de aprendizaxe complementario ao establecido no plan curricular do Máster.

Dende o 2015 os/as alumnos/as do Máster foron escollendo as persoas que ian dinamizar esas sesións, entre eles pasaron polo CulturaLab: Ergosfera, Miguel Anxo Rodriguez, Matrioska, Fur Alle Falle, Belén Sola, Beka Iglesias, Man Hauser, Lucía Castro, Encarna Lago e outras moitas persoas coas que o alumnado puido ir tecendo unha serie de debates ne torno a eixos como o híbrido, o experimental, o dixital ou a cultura do prototipado.

MÁS INFO

Leave a reply

*